Inicio > Recursos > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 152 iniciativas
Expedientes de explotacións mineiras
Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Expedientes de explotacións mineiras

Os expedientes de cada explotación recollen, entre outra información de interese e planos, os antecedentes da explotación, a designación da concesión e a súa situación, a natureza xeolóxica dos xacementos, o programa xeral da explotación, volumes de explotación, medidas de seguridade, persoal, viabilidade económica etc.

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Implantación de enerxías renovables

A Xunta de Galicia, coa finalidade de contribuír a acadar os obxectivos de cumprimento de xeración de electricidade a partir de fontes renovables, simplifica a normativa e os procedementos aplicables para a implantación e desenvolvemento destas tecnoloxías.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 1 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN228A)

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións
para proxectos de expansión do sector comercial retallista.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN201H).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións
para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos
comerciais retallistas.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Smart Commerce de Galicia 2017 (código de procedemento IN214C).

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Smart Commerce como
un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que apostan por situar o cliente
no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos a súa disposición co fin de
achegarlle a súa oferta.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos, ás asociacións e ás cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN223A).

Esta orde ten por obxecto a concesión das subvencións para actuacións en mercados
e prazas de abastos na consecución e consolidación do selo de mercado excelente,
a posta en marcha de actuacións que aproveiten as sinerxías xeradas polos camiños de
Santiago, e a mellora dos recintos onde se desenvolva o comercio non sedentario.

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Axudas do Plan Renove de Instalacións Eléctricas Comúns e selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (IN412E-IN412F)

Prazo de presentación: do 16/03/2017 a 29/03/2017
Prazo de presentación solicitudes de axuda: do 02/05/2017 a 01/09/2017 (ou esgotamento do crédito)
Teléfonos información: 881 999 429 - 881 999 283 - 981 957 251
 

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN201G).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización
da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos
galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.