Inicio > Recursos > Iniciativas

Iniciativas






Temos dispoñibles para consulta 153 iniciativas
Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN228A).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201G).

 As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN225A).

As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo teñen como obxectivo
contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do
seu ámbito.

Expedientes de explotacións mineiras
Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Expedientes de explotacións mineiras

Os expedientes de cada explotación recollen, entre outra información de interese e planos, os antecedentes da explotación, a designación da concesión e a súa situación, a natureza xeolóxica dos xacementos, o programa xeral da explotación, volumes de explotación, medidas de seguridade, persoal, viabilidade económica etc.

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

Implantación de enerxías renovables

A Xunta de Galicia, coa finalidade de contribuír a acadar os obxectivos de cumprimento de xeración de electricidade a partir de fontes renovables, simplifica a normativa e os procedementos aplicables para a implantación e desenvolvemento destas tecnoloxías.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 1 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN228A)

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións
para proxectos de expansión do sector comercial retallista.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN201H).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións
para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos
comerciais retallistas.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Smart Commerce de Galicia 2017 (código de procedemento IN214C).

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Smart Commerce como
un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que apostan por situar o cliente
no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos a súa disposición co fin de
achegarlle a súa oferta.