Inicio > Recursos > Axudas e subvencións > Dirección Xeral de Comercio

Dirección Xeral de Comercio






Temos dispoñibles para consulta 39 axudas
Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 31 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do comercio galego (código de procedemento IN214C).

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios do comercio galego
como un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que apostan por situar
o cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos á súa disposición co
fin de achegarlle a súa oferta.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201K).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar a realización
de acordos de períodos formativos de carácter non laboral entre obradoiros artesáns e aprendices, que contribúan a asegurar a continuidade dos oficios e a súa remuda xeracional
(código de procedemento IN201K).

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201G).

 As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN228A).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN225A).

As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo teñen como obxectivo
contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do
seu ámbito.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 1 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN228A)

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións
para proxectos de expansión do sector comercial retallista.

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

ORDE do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Smart Commerce de Galicia 2017 (código de procedemento IN214C).

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Smart Commerce como
un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que apostan por situar o cliente
no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos a súa disposición co fin de
achegarlle a súa oferta.