Inicio > Organización

Traballamos nos ámbitos da promoción e dinamización da economía, investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas e recursos minerais, artesanía, comercio, consumo, así como na planificación, en colaboración co IGVS, das infraestruturas do solo industrial

D.X de Comercio

Planificamos e coordinamos en materia de comercio interior e exterior, artesanía e consumo e desenvolvemento das estruturas comerciais.

D.X de Enerxía e Minas

Planificamos e coordinamos en materia de enerxía, minas, administración e seguridade industrial, solo industrial, metroloxía e metais preciosos.

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Apoio ás actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de consolidación e crecemento empresarial.

Axencia Galega de Innovación - Gain

Entidade responsable de apoiar as empresas galegas para ser máis competitivas e de  impulsar o seu crecemento a través da innovación