Sabías que ... a Xunta acaba de apoiar a apertura de máis de 170 novos comercios?

Grazas a todos os recursos que ofrece, REDIC é un instrumento básico de cooperación entre a administración local e autonómica para o desenvolvemento da actividade comercial.

O recuncho do emprendedor comercial

Se queres montar un comercio ou negocio consulta todos os aspectos relacionados co emprendemento, dende elixir a forma xurídica, os trámites necesarios... así como as ferramentas de autodiagnose.

Fomento e apoio á remuda comercial

A través de diversos programas, como o Programa de Transmisión Comercial, queremos asegurar a continuidade daqueles negocios que veñen funcionando desde hai anos, ao tempo que se incentiva ás persoas emprendedoras que queren iniciar a súa andaina comercial nun negocio xa posicionado no sector e viable.

Como xestionar o teu negocio

Dispoñemos dun amplo catálogo de cadernos e manuais de xestión para axudarte a resolver e a aplicar aspecto importantes para a promoción do produto no punto de venta, a elaboración dun plan de comunicación, dun cadro de mando, nocións básicas de exportacións, etc.

Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)

As Eccom desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Axudas

  • Non hai procedementos relacionados

Procedementos

  • Non hai procedementos relacionados