Compartir

Compártao :

Minería de Galicia

Actualizado o: 02 setembro 2015
Fonte de información: Dirección Xeral de Enerxía e Minas
  • Dous homes traballando sobre lousas de granito
  • Vista dunha explotación de granito
  • Operario manexando maquinaria pesada para transporte dun bloque de granito
  • Torre de Hércules
  • Fachada dun edificio recuberta de lousa
  • Lousado dunha casa
  • Vista parcial da Muralla de Lugo
  • Piscina circular dun centro termal
  • Piscina semicircular dun centro termal
  • Terraza dun centro termal
  • Sala de exposición sobre augas minerais
  • Maquinaria pesada realizando pozos de barrena
  • Vista dunha mina a ceo aberto
  • Vista de bloques para construción
  • Vídeo promocional da minería en Galicia
  • Dous homes traballando sobre lousas de granito
  • Vista dunha explotación de granito
  • Operario manexando maquinaria pesada para transporte dun bloque de granito
  • ??? imaxe[5]/titulo ???
  • ??? imaxe[6]/titulo ???
  • ??? imaxe[7]/titulo ???
  • ??? imaxe[8]/titulo ???
  • ??? imaxe[9]/titulo ???
  • ??? imaxe[10]/titulo ???
  • ??? imaxe[11]/titulo ???
  • ??? imaxe[12]/titulo ???
  • Maquinaria pesada realizando pozos de barrena
  • Vista dunha mina a ceo aberto
  • Vista de bloques para construción
Cada persoa, ao longo da súa vida, consume 400 toneladas de produtos da minería, sen incluír os enerxéticos

A vida cotiá dos galegos e galegas non sería o mesmo sen a inxente actividade mineira que caracteriza á nosa comunidade.

A auga mineral que bebemos, a lousa e a tella dos tellados, unha parte importante da enerxía que consumimos, a arxila para facer cerámica, o granito que levanta os edificios e as casas nas que vivimos, os balnearios nos que nos relaxamos, as estradas e pontes polas que nos desprazamos, os áridos e metais para facer os materiais de construción… todo depende dos elementos da explotación mineira. Incluso en produtos nos que a primeira vista non se aprecia, como os cosméticos ou as bombillas, podemos atopar recursos mineiros.

Máis alá da súa relevancia económica, non podemos esquecer que a minería está presente en practicamente toda a actividade humana xa que, exceptuando a madeira e as fibras naturais, tódolos materiais empregados polo ser humano para o seu desenvolvemento son de base mineral. De feito, cada europeo/a consume unha media anual de entre 5 e 10 toneladas de produtos minerais.

Os minerais son esenciais para o desenvolvemento e, polo tanto, para a nosa calidade de vida e a creación de comunidades sostibles.

Por exemplo, un inmoble pode chegar a conter ata 150 toneladas de minerais en forma de cemento, arxila, materiais compostos, cerámica, tellas, lousa e toneladas de metais, entre outros. No caso dun automóbil, contén ata 150 quilogramos de minerais (caucho, plásticos, vidro) e máis dunha tonelada de metais, o 50% das pinturas e do papel elabóranse a partir de minerais; o vidro e a cerámica tamén conteñen ata un 100% de minerais.

Nesta páxina poderá descubrir a riqueza mineral de Galicia, a súa importancia para o progreso económico galego, os momentos do seu día a día que non serían o mesmo sen os produtos procedentes das explotacións mineiras. En definitiva, unha viaxe completa pola minería galega.

Riqueza mineira

Progreso económico   

A minería é un dos piares imprescindibles da nosa economía.  As cifras falan por si soas:

  1. Galicia é hoxe en día a cuarta produción mineira de España
  2. Existen 362 explotacións activas en Galicia, ás que hai que engadir as empresas balnearias e as plantas de envasado de auga mineral
  3. Galicia é unha potencia mineira cuxo sector conta con máis de 7.000 persoas empregadas e supón máis do 1,2% do PIB galego

Ampla riqueza mineral
   
Na actualidade, a minería galega baséase en varios subsectores:

  • Minerais industriais
  • Rochas ornamentais, maioritariamente granito e lousa. Hai que salientar que Galicia é líder mundial en exportacións de lousa; en canto ao granito, o sector está consolidado como segunda potencia europea, por detrás de Italia, e a sexta do mundo.
  • Produtos de canteira, principalmente áridos para a construción.
  • Augas minerais, que Galicia aproveita no turismo e na industria grazas ás captacións catalogadas, aos balnearios que fan uso delas, e as plantas embotelladoras.

Ademais do granito e a lousa cómpre destacar que, en Galicia, se aproveita unha ampla variedade de minerais, como anfibolita, arxila, area silícea, arenisca, caliza, caolín, corneana, cuarcita, cuarzo, feldespato, magnesita, serpentina o dunita, entre outros.

Innovación e sustentabilidade

A industria mineira aposta por dous eixos de futuro: a innovación e a sustentabilidade.

En canto á I+D+i, realízase un esforzo constante mellora dos procesos de extracción, da maquinaria utilizada e dos sistemas de seguridade. Dese compromiso coa innovación xurdiron os diferentes clústeres relacionados coa minería (lousa, granito e termalismo), dedicados a fomentar a competitividade e a especialización.

No que se refire á sustentabilidade, a redución do impacto ambiental e a rehabilitación de espazos son outras das premisas da minería. Calquera proxecto ten que ir vinculado a un plan integral de restauración do seu entorno e da súa biodiversidade.

A minería na túa vida

A vida cotiá dos galegos e galegas non sería o mesmo sen a inxente actividade mineira que caracteriza á nosa comunidade: a auga mineral que bebemos, unha parte importante da enerxía que consumimos, os utensilios de cerámica que utilizamos, as casas nas que vivimos, os balnearios nos que nos relaxamos, as estradas e pontes polas que nos desprazamos…, todo depende dos produtos da explotación mineira.

Máis alá da súa relevancia económica, non podemos esquecer que a minería está presente en practicamente toda a actividade humana, xa que, agás a madeira e as fibras naturais, todos os materiais empregados polo ser humano para o seu desenvolvemento son de base mineral.

Cada persoa, ao longo da súa vida, consume 400 toneladas de produtos da minería, sen incluír os enerxéticos.

Os minerais son esenciais para o desenvolvemento e, polo tanto, para a nosa calidade de vida e a creación de comunidades sostibles.

Por exemplo, un inmoble pode chegar a conter ata 150 toneladas de minerais en forma de cemento, arxila, materiais compostos, cerámica, tellas, lousa e toneladas de metais, entre outros. No caso dun automóbil, contén ata 150 quilogramos de minerais (caucho, plásticos, vidro) e máis dunha tonelada de metais, o 50% das pinturas e do papel elabóranse a partir de minerais; o vidro e a cerámica tamén conteñen ata un 100% de minerais.

Ligazóns de interese

Asociacións empresariais

Colexios oficiais

Medios de comunicación

Organización/s: Dirección Xeral de Enerxía e Minas
Tema/s: Recursos mineiros