Inicio > Organización > Entidades adscritas > Xestora Entidades de Capital Risco - XesGalicia
Compartir

Compártao :

ENTIDADES ADSCRITAS

Xestora Entidades de Capital Risco - XesGalicia

Actualizado o: 15 febreiro 2017
A través de XesGalicia, as empresas poden encontrar financiamento para os seus proxectos, socios potenciais, información sobre axudas...

XesGalicia é a entidade galega responsable da xestión de sociedades de capital risco, unha actividade financeira que consiste en proporcionar recursos ás empresas, a medio e longo prazo, pero sen vocación de permanencia ilimitada.

Desde o punto de vista financeiro, o capital risco supón un incremento dos fondos propios, engadindo credibilidade e estabilidade financeira, mentres que desde o punto de vista interno da empresa promove a profesionalización da xestión empresarial, colaborando na procura de financiamento adicional, apoiando a internacionalización e outros servizos.

Desta forma, XesGalicia financia o desenvolvemento empresarial mediante participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas. Como complemento, outórgalles préstamos participativos ou préstamos ordinarios a longo prazo a través de fondos de capital risco diferentes e específicos. O único requisito a ter en conta, é que sexan empresas non financeiras que non coticen no primeiro mercado da bolsa de valores.

A través de XesGalicia, as empresas poden encontrar financiamento para os seus proxectos mediante a participación no seu capital social ou a través de préstamos participativos que poden converterse en capital. O único requisito á hora de presentar unha solicitude, é que sexan empresas non financeiras cuxos valores non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores.

Na fase de captación de investimentos, XesGalicia pode intervir para facilitar a busca de socios potenciais, información sobre chan industrial, información sobre axudas institucionais para cada proxecto, acordos de cooperación entre empresas ou operacións con outros fondos.
 

Toda a información

Organización/s: XesGalicia
Tema/s: Financiamento
Colectivo/s: Empresa; Investidor/a; Peme
Feitos vitais: Investir en Galicia