Inicio > Organización > Entidades adscritas > Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia - LOMG
Compartir

Compártao :

ENTIDADES ADSCRITAS

Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia - LOMG

Actualizado o: 23 febreiro 2017
O LOMG presta servizos de calibración, medida, ensaio, control metrolóxico do Estado de determinados instrumentos, asesoramento e formación.

O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), integrado na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, é un centro que apoia con carácter horizontal ao tecido industrial galego en actividades relacionadas coa medida, a través dunha ampla carteira de servizos tecnolóxicos (de calibración, medida, ensaio, control metrolóxico do Estado de determinados instrumentos, asesoramento e formación).

O LOMG realiza as súas actividades nos seguintes campos:

  • Metroloxía industrial: encadrada dentro do ámbito “voluntario” da metroloxía, e vinculada, na maior parte dos casos, aos requirimentos dos sistemas de calidade implantados nas empresas. Isto supón contar con instrumentos de medida trazables en todo momento aos patróns nacionais; ocupándose por tanto das medicións, calibracións e rutas de trazabilidade dos instrumentos de medición utilizados no mercado, das informacións sobre técnicas idóneas de medición e do aseguramento da calidade das medicións efectuadas pola empresa en calquera punto do seu proceso produtivo.
  • Metroloxía legal: encadrada dentro do ámbito “obrigatorio” da metroloxía, e vinculada directamente aos instrumentos e aos métodos de medición, no que atinxe ás esixencias técnicas e xurídicas, de obrigado cumprimento por parte dos fabricantes, importadores, comercializadores, reparadores e propietarios de instrumentos de medida. Neste campo cabe subliñar que o LOMG desenvolve actuacións de control metrolóxico sobre distintos instrumentos de medida. Así mesmo actúa como soporte técnico da Administración para atender ás reclamacións presentadas ante esta, no caso de contadores de auga, electricidade e gas.
  • I+D+i : O centro colabora no desenvolvemento dun proceso innovador no eido da metroloxía, tanto na parte técnica coma na posterior normalización, contribuíndo á mellora da competitividade do tecido industrial galego.

Toda a información

Contactos relacionados

Organización/s: Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia - LOMG
Colectivo/s: Laboratorios