Inicio > Organización > Entidades adscritas > Centro de Innovación e Servizos de Galicia - CIS Galicia
Compartir

Compártao :

ENTIDADES ADSCRITAS

Centro de Innovación e Servizos de Galicia - CIS Galicia

Actualizado o: 22 outubro 2014
A súa misión é aumentar a capacidade de innovación da industria galega, mellorando a súa competitividade a través da xeración e aplicación de tecnoloxía e coñecemento

CIS GALICIA é un centro tecnolóxico integrado na Axencia Galega de Innovación, e que ten como misión aumentar a capacidade de innovación da industria galega, mellorando a súa competitividade a través da xeración e aplicación de tecnoloxía e coñecemento.

Nos últimos anos, participou en diversos proxectos de I+D a nivel autonómico, nacional e europeo, ao tempo que prestou servizos a empresas de diferentes sectores como o da automoción, o naval, o audiovisual, o enerxético…

Entre os seus obxectivos cómpre destacar que traballa para:

  • Impulsar a participación de empresas e entidades galegas en programas nacionais e internacionais de I+D+i
  • Apoiar a transferencia de tecnoloxía a través da rede Enterprise Europe Network
  • Promover o uso de tecnoloxías de realidade virtual e aumentada en distintos sectores produtivos
  • Mellorar as capacidades produtivas das empresas a través do uso de software industrial, visión artificial e robótica
  • Adecuar os servizos de vixilancia tecnolóxica ás necesidades actuais das entidades galegas no marco da liñas estratéxicas do Centro
  • Organizar, xestionar e impartir formación de materia de innovación e tecnoloxía industrial
  • Afianzar e ampliar os lazos de colaboración coas pemes da comarca de Ferrolterra en particular e do resto de Galicia en xeral, tanto a nivel individual como colectivo (Cámaras de Comercio, Asociacións empresariais…)
  • Incrementar o número de proxectos de I+D
  • Comercializar produtos e servizos tecnolóxicos desenvolvidos por CIS Galicia
     

Toda a información

Organización/s: Centro de Innovación e Servizos de Galicia - CIS Galicia; Axencia Galega de Innovación - Gain
Tema/s: Innovación; Industria
Colectivo/s: Empresa; Investigador/a; Centro tecnolóxico