Inicio > Organización > Entidades adscritas > Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño
Compartir

Compártao :

ENTIDADES ADSCRITAS

Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

Actualizado o: 15 febreiro 2017
A Fundación creouse para apoiar ao sector artesanal no desenvolvemento de programas de innovación, promoción e comercialización

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño é unha entidade sen ánimo de lucro que depende da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia

Entre os seus cometidos primordiais atópase o desenvolvemento de liñas de investigación destinadas a especializar e perfeccionar técnicas de elaboración que permitan mellorar a calidade dos produtos artesanais ademais de optimizar o proceso produtivo xa que se entende que a innovación, o deseño e a calidade son as bases coas que conta a artesanía para sobrevivir.

O principal fin da Fundación, creada no ano 2003, é dotar o sector artesanal dunha infraestrutura especializada para que poida desenvolver programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais en Galicia.

Para tal fin, creouse a marca Artesanía de Galicia, grazas á cal a artesanía galega conta cun sinal de identidade propia co que poder ofrecer unha imaxe harmónica, coordinada e representativa dos produtos artesanais galegos en todos os mercados, que sirva tamén como garantía de calidade para os consumidores. O obxectivo principal de Artesanía de Galicia é dar a coñecer o sector artesán galego no seu conxunto baixo unha imaxe común que actúe como garantía de calidade e de prestixio.

Deste xeito, cun calendario de feiras tanto profesionais como de venda directa, a marca presenta os nosos produtos artesáns como pezas únicas, de grande calidade artística e artesanal, que ademais contan co valor engadido de estar elaboradas con técnicas e oficios de tradición secular que lles imprimen personalidade e identidade cultural.
 

Organización/s: Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño; Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Tema/s: Artesanía
Colectivo/s: Artesán/a