Inicio > Áreas > Doing Business > Temas de interese
Compartir

Compártao :

FORMACIÓN E CUALIFICACIÓNS

Competencias clave

Actualizado o: 04 marzo 2019

Para a mellora da calidade na formación para o emprego, o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, que regula os certificados de profesionalidade, establece criterios de acceso do alumnado para garantir que se posúe as competencias clave para cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade que lle facilitará a súa inserción laboral.

 

Competencias clave para o ano 2019

Resolución do 25 de febreiro de 2019 -DOG do 4 de marzo 2019-, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

A resolución contén os seguintes anexos:

  • Anexo I: Solicitude. Procedemento TR306A
  • Anexo II: Calendario do procedemento
  • Anexo III: Requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade
  • Anexo IV: Exencións ás probas de avaliación na competencia de lingua galega
  • Anexo V: Validacións das competencias por ter superados estudos regrados
  • Anexo VI: Certificados de profesionalidade que requiren a competencia en lingua estranxeira

Prevese que as probas terán lugar na Fundación Semana Verde, en Silleda (Pontevedra).

Recomendacións:

  • Non esquecer asinar a solicitude e indicar o número de DNI/NIE ou pasaporte
  • Prégase entregar a solicitude o antes posible
  • No caso de identificación co pasaporte, hai que achegar copia coa solicitude (ver o artigo nº 6a da resolución)
  • No caso de solicitudes cubertas a man, prégase claridade nos datos
  • No caso de presentarse ás probas dos dous niveis de cualificación, 2 e 3, só é necesaria unha solicitude
  • Non solicitar competencias aprobadas en anteriores convocatorias; consultar o buscador de notas

O prazo de solicitudes abrangue do 5 ao 29 de marzo de 2019, ambos os dous inclusive. Prema para acceder á solicitude.

 

Instituto Galego das Cualificacións
981 546 856 / 981 546 840
ctb.igcualif@xunta.gal

 

Documentos relacionados

Tema/s: Formación e cualificacións