Inicio > Áreas > Doing Business > Temas de interese
Compartir

Compártao :

Lei de implantación empresarial

Actualizado o: 12 febreiro 2018

Unha lei que pon facilidades ao investimento empresarial en Galicia.

 

A Lei de implantación empresarial naceu logo dun proceso de consultas cos principais axentes socio económicos de Galicia.

O seu obxectivo é facilitar o desenvolvemento empresarial da Comunidade e captar novos investimentos cara ao noso tecido produtivo, especialmente, cara aos sectores estratéxicos da economía galega.

O texto achega unha serie de facilidades administrativas, fiscais e de acceso ao solo industrial para que investir en Galicia sexa máis doado.

Ademais, en virtude dun acordo asinado coa Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias), establece a figura dos Concellos Emprendedores, que serán todos aqueles municipios que se adhiran a este convenio e colaboren coa Administración galega aprobando novas medidas de apoio ao investimento empresarial.

Tema/s: Doing Business
Colectivo/s: Peme; Empresa; Emprendedor/a; Investidor/a; Autónomo/a
Feitos vitais: Investir en Galicia