Sabías que ...máis de 200 pemes galegas desenvolven proxectos innovadores no marco do programa Conecta Pemes?

Facilitamos a información e formación a emprendedores e empresarios achegando servizos de valor ás pemes e apoiando proxectos empresariais.

Estratexia autónomo 2020

A Xunta activa a Estratexia Autónomo 2020 cun total de 160 millóns para os próximos 4 anos -40 millóns ao ano- co obxectivo de apoiar de media máis de 10.000 traballadores cada ano, o que supón un incremento do 45 % sobre a última lexislatura. O documento contén 20 actuacións das que a metade son novas na Comunidade e se porán en marcha ao longo deste ano. A nova estratexia actívase xa con preto de 20 millóns de euros en axudas para o establecemento como autónomo e para a contratación indefinida de traballadores/as.

Plan de acción para a captación de investimentos en Galicia

A Xunta ten en marcha o Plan de Acción para a Captación de Investimentos en Galicia, unha estratexia pioneira que permitirá reforzar a posición de Galicia como unha terra de oportunidades.

Como conseguir financiamento

A traves da posta a disposición de préstamos e microcréditos así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Obter unha declaración responsable

Os cambios no que respecta ás empresas autorizadas no ámbito da seguridade industrial (instaladoras, mantedoras, etc.) incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos).

Obter un carné ou habilitación profesional

Os cambios no que respecta aos carnés profesionais incorporáronse ao noso ordenamento xurídico a partir da Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior (Directiva de servizos)

Comercializar e manipular gases fluorados

A Consellería competente para expedir os certificados de empresa é a Consellería de Economía e Industria, mentres que os certificados persoais os expiden a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Traballo e Benestar.

Saír ao mercado exterior

Apoiamos as iniciativas de internacionalización cun amplo abano de servizos e axudas financeiras tanto en orixe como en destino. 

Axudámosche a innovar

Poñemos á túa disposición un completo conxunto de axudas, dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación.

Impulsar a competitividade

O crecemento económico está indiscutiblemente asociado á capacidade do tecido produtivo para ofertar produtos atractivos e a unha produción máis eficiente, de xeito que en suma sexa unha oferta competitiva, é dicir, elixible polo cliente

Empresas rexistradas no ámbito da seguridade industrial

Consulta de empresas habilitadas no ámbito da seguridade industrial (instalacions de electricidade, gas, calefacción, etc) na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Como xestionar o teu negocio

Dispoñemos dun amplo catálogo de cadernos e manuais de xestión para axudarte a resolver e a aplicar aspecto importantes para a promoción do produto no punto de venta, a elaboración dun plan de comunicación, dun cadro de mando, nocións básicas de exportacións, etc.

Certificarse coa marca Galicia Calidade

Galicia Calidade, é un selo de garantía de calidade certificada, que só se outorga a aqueles produtos ou servizos, que destacan polos atributos de calidade respecto doutros do seu mesmo xénero

Axudas

+

Normativa

Procedementos