Sabías que ...os Concellos Emprendedores teñen prioridade en diferentes convocatorias de axudas para impulsar a competitividade empresarial?

Colaboramos cos concellos para adecuar os seus equipamentos comerciais e modernizar o comercio de proximidade, ao tempo que poñemos á súa disposición financiamento para mellorar a súa eficiencia enerxética e modernizar os seus parques empresariais

Supresión de licenzas municipais (Lei de emprendemento)

Resolucións de dúbidas para concellos e técnicos municipais nos supostos prácticos de comunicación previa para o exercicio de actividades.

Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)

As Eccom desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Concellos emprendedores

A Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia regula a iniciativa galega de concellos emprendedores co obxecto de favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais en Galicia, con plenas garantías de sustentabilidade económica e con redución das barreiras normativas e administrativas.