Sabías que ...a captación de fondos europeos para I+D+i multiplicouse por cinco nos últimos anos?

Axudámoslle aos investigadores, grupos destes e organismos públicos de investigación a axilizar os seus proxectos, facilitando o acceso ao coñecemento existente e ás oportunidades de financiamento que máis lles poidan interesar.

Axudámosche a innovar

Poñemos á túa disposición un completo conxunto de axudas, dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación.

Transferir os resultados da investigación ao mercado

A valorización do coñecemento tradúcese na capacidade de xerar propostas empresariais innovadoras e intensivas en coñecemento a partir da investigación ou da propia experiencia empresarial, dándolle utilidade económica e social.

Acelerar os procesos de innovación

A Axencia Galega de Innovación apoia e participa en distintas iniciativas e programas para a estimulación e consolidación de novos proxectos empresariais innovadores baseados no coñecemento e de vangarda tecnolóxica, actuacións enmarcadas nos obxectivos do Programa de Emprendemento Innovador da estratexia de especialización intelixente RIS3.

Procesos selectivos da Axencia Galega de Innovación

Todas as resolucións de procesos selectivos da Axencia para cobertura de postos, listaxes de persoas admitidas e/ou excluídas, tribunais de selección designados...

Polo Aeroespacial de Galicia

A través do Polo Aeroespacial de Galicia, a Xunta aposta de xeito decidido por xerar coñecemento e pegada industrial arredor dun sector de alto valor engadido como é o sector aeronáutico; en concreto, no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados.

Programa de Deseño para a Innovación

O Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA é a aposta polo deseño como ferramenta de transformación económica e social en Galicia.

Combina os obxectivos de innovación para a competitividade empresarial coa innovación responsable e social para contribuír á sostibilidade e ao benestar das persoas.

Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía

A Estratexia de Consolidación do Sector Biotecnolóxico de Galicia é o compromiso decidido da Xunta de Galicia por afianzar as accións de impulso e fortalecer as bases para afrontar con garantías o período ata 2025. Galicia busca así situarse estratexicamente en posicións de liderado nunha das áreas con maior proxección económica, científico-tecnolóxica e social durante a próxima década.