Sabías que ...cos préstamos Jeremie a Xunta mobilizará 15 millóns de euros para que as pemes galegas impulsen novos investimentos empresariais?

Promovemos os investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais, favorecendo o desenvolvemento equilibrado do territorio.

Plan de acción para a captación de investimentos en Galicia

A Xunta ten en marcha o Plan de Acción para a Captación de Investimentos en Galicia, unha estratexia pioneira que permitirá reforzar a posición de Galicia como unha terra de oportunidades.

Como conseguir financiamento

A traves da posta a disposición de préstamos e microcréditos así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Asesoramento para a creación de empresas

Poñemos á túa disposición o apoio integral necesario para que a túa idea empresarial poida ser levada a cabo, facendo que as iniciativas viables sexan posibles.

Investir en Galicia

A Xunta impulsa a captación de investimentos estranxeiros con 2 millóns de euros para atraer novos proxectos e para a creación dunha comisión que avaliará potenciais investidores.

Equilibrar o territorio

Son varias as liñas de axudas específicas que a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, ten dispoñibles para a dinamización do tecido empresarial. Teñen por obxecto achegar riqueza e equilibrio socioeconómico a determinadas zonas do territorio.

Asesoramento para autónomos

Tanto se queres emprender, como se xa iniciaches a túa actividade, axudámosche a mellorar e a facer o teu proxecto realidade ou a facer a túa empresa máis competitiva.

Axudas

+

Normativa

Procedementos

+

Documentos