Sabías que ...os 9,3 millóns de euros que veñen de destinarse á implantación de preto de 1.000 novos equipos incrementarán o consumo de biomasa en Galicia nun 30% anual de aquí ao ano 2020?

Impulsamos iniciativas para o fomento do uso racional da enerxía, optimizando a súa xestión nos distintos eidos económicos e desenvolvemos actuacións para a mellora da investigación enerxética en Galicia.

Como conseguir financiamento

A traves da posta a disposición de préstamos e microcréditos así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Impulsar a industria da biomasa

A Xunta de Galicia ten activada unha estratexia de impulso da biomasa co obxectivo de potenciar unha industria asociada á valorización enerxética deste recurso que comprende tanto a transformación como a distribución e instalacións de caldeiras para o emprego da biomasa como fonte de calor en fogares e empresas.

A reutilización dos residuos xerados nos nosos montes contribúe a fixar emprego no rural e permítenos a posta en valor dos mesmos cunha fonte de enerxía limpa, autóctona e barata que hai que aproveitar.

Puntos de subministración de gas canalizado

O Goberno galego traballa no desenvolvemento dunha política enerxética na que a gasificación da Comunidade se considera prioritaria para avanzar na mellora da calidade de vida da cidadanía e no incremento da competitividade do tecido empresarial galego.

Certificación enerxética de edificios

Desde o martes 21 de xaneiro de 2014 o responsable dos procedementos relacionados ca certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia é o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Entidades de formación no ámbito da seguridade industrial

Na orde do 16 de marzo de 2011 establécense os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Organismos de control (OCAs) para a calidade e a seguridade industrial

O Decreto 54/2011, do 24 de marzo regula a autorización e a actuación dos organismos de control en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia

Parques eólicos

O Goberno galego deu o impulso necesario para permitir o desenvolvemento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia con diferentes medidas.

Axudas

Procedementos