Sabías que ...a Xunta impulsa a transformación dixital do comercio de proximidade galego?

Fomentamos proxectos de cooperación económica entre empresas do sector do comercio, impulsando o asociacionismo e a asistencia técnica comercial en colaboración con outras institucións e entidades.

Normativa comercial

Co obxectivo de continuar mellorando a calidade do sector comercial galego e o servizo que se presta aos consumidores, achegamos información sobre a lexislación de aplicación. 

Solicitar unha marca ou nome comercial

Na oficina do Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi), da Axencia Galega de Innovación, poderá rexistrar, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), todos os títulos de propiedade industrial e calquera documentación necesaria para solicitar ou manter os seus dereitos sobre invencións (Patentes e Modelos de utilidade), marcas e nomes comerciais, deseños industriais e topografías de produtos semiconductores.

Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (Eccom)

As Eccom desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal.

Catálogos

Catálogos con información dos trámites administrativos e actuacións necesarias para a posta en marcha de proxectos.

Documentos sometidos a información pública

Documentación de expedientes sometidos a información pública para autorizacións de grandes superficies comerciais