Sabías que ...a captación de fondos europeos para I+D+i multiplicouse por cinco nos últimos anos?

Incentivamos a transferencia de resultados da investigación, de coñecemento e das capacidades tecnolóxicas ao mercado para mellorar a competitividade das empresas.

Axudámosche a innovar

Poñemos á túa disposición un completo conxunto de axudas, dentro da aposta pola I+D+I e a valorización dos resultados do Sistema Galego de Innovación.

Servizos á túa medida

Servizos da Axencia Galega de Innovación - GAIN  ao ecosistema galego de innovación.

Transferir os resultados da investigación ao mercado

A valorización do coñecemento tradúcese na capacidade de xerar propostas empresariais innovadoras e intensivas en coñecemento a partir da investigación ou da propia experiencia empresarial, dándolle utilidade económica e social.

Solicitar unha marca ou nome comercial

Na oficina do Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi), da Axencia Galega de Innovación, poderá rexistrar, ao abeiro dun convenio de colaboración asinado coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM), todos os títulos de propiedade industrial e calquera documentación necesaria para solicitar ou manter os seus dereitos sobre invencións (Patentes e Modelos de utilidade), marcas e nomes comerciais, deseños industriais e topografías de produtos semiconductores.

Axudas para desenvolvementos en áreas tecnolóxicas

A Xunta de Galicia está a desenvolver unha estratexia de innovación aberta que, coa participación dos axentes do Sistema Galego de I+D+i, persegue impulsar a transferencia de resultados ao mercado para incrementar a competitividade do tecido produtivo.

Axudas

  • Non hai procedementos relacionados

Procedementos

  • Non hai procedementos relacionados