Sabías que ... a través da liña de préstamos Jeremie se prevé mobilizar preto de 15 millóns de euros en investimentos no tecido empresarial galego?

Facilitamos a información e formación a emprendedores e empresarios achegando servizos de valor ás pemes e apoiando proxectos empresariais.

Participa na elaboración da Lei de implantación empresarial

Achégannos as túas propostas a través do enderezo electrónico doingbusiness@xunta.gal

Estratexia autónomo 2020

A Xunta activa a Estratexia Autónomo 2020 cun total de 160 millóns para os próximos 4 anos -40 millóns ao ano- co obxectivo de apoiar de media máis de 10.000 traballadores cada ano, o que supón un incremento do 45 % sobre a última lexislatura. O documento contén 20 actuacións das que a metade son novas na Comunidade e se porán en marcha ao longo deste ano. A nova estratexia actívase xa con preto de 20 millóns de euros en axudas para o establecemento como autónomo e para a contratación indefinida de traballadores/as.

Como conseguir financiamento

A traves da posta a disposición de préstamos e microcréditos así como bonificacións de custos para pequenas e medianas empresas.

Tramitación para a creación de empresas

Explicámosche as distintas fases do proceso para iniciar a túa actitivade empresarial e no proceso de posta en marcha

O recuncho do emprendedor comercial

Se queres montar un comercio ou negocio consulta todos os aspectos relacionados co emprendemento, dende elixir a forma xurídica, os trámites necesarios... así como as ferramentas de autodiagnose.

Como xestionar o teu negocio

Dispoñemos dun amplo catálogo de cadernos e manuais de xestión para axudarte a resolver e a aplicar aspecto importantes para a promoción do produto no punto de venta, a elaboración dun plan de comunicación, dun cadro de mando, nocións básicas de exportacións, etc.

Participar en accións formativas de artesanía

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.es ou do fax 881 999 170.

Asesoramento para autónomos

Tanto se queres emprender, como se xa iniciaches a túa actividade, axudámosche a mellorar e a facer o teu proxecto realidade ou a facer a túa empresa máis competitiva.

Axudas

Procedementos