Sabías que ...podes achegarlle as túas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño para participar no deseño da súa oferta formativa?

Apoiamos as federacións, asociacións e outras entidades sectoriais formadas por empresas, profesionais, consumidores, etc... para que, grazas ao noso asesoramento e ás liñas de axuda dispoñibles, poidan ver melloradas as súas estruturas produtivas, procesos distribución e comercialización, liñas de investigación...

Apoio aos clúster

Promovemos unha estratexia de traballo en común cos clúster galegos para ofrecer unha imaxe conxunta cara ao exterior, buscar socios para proxectos europeos, formar para acadar a excelencia na xestión dos clúster e habilitar novos espacios compartidos para xerar novas sinerxías.

Inscribirse no Rexistro Galego de Comercio

A través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia pode inscribirse na sección que corresponda do Rexistro Galego de Comercio

Constituír unha asociación de comerciantes

As asociacións son agrupacións de persoas constituídas para realizar actividades colectivas de forma estable, organizadas democraticamente e sen ánimo de lucro.

Axudas do Igape para asociacións

O Instituto Galego de Promoción Económica ten dispoñibles liñas de axudas dirixidas a organismos intermedios empresariais de Galicia. Isto é, asociacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe, clústers empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia) que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2013 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Organizacións de consumidores e usuarios

As Organizacións de consumidores e usuarios son entidades de carácter privado, independentes, e constituídas sen ánimo de lucro

Participar en accións formativas de artesanía

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.es ou do fax 881 999 170.

Axudas

Procedementos