Inicio > Organización > A Consellería > Secretaría Xeral Técnica
Compartir

Compártao :

A CONSELLERÍA

Secretaría Xeral Técnica

Actualizado o: 15 febreiro 2017
  • Organización

Decreto 175/2015, do 3 de decembro

 

Artigo 5. Atribucións

Baixo a superior dirección da persoa titular da Consellería, consonte o artigo 29 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, a Secretaría Xeral Técnica exercerá as competencias e funcións nel establecidas, así como aqueloutras que lle sexan delegadas ou encomendadas pola persoa titular da Consellería e as restantes que lle atribúa o ordenamento xurídico, entre elas as seguintes:

  • O asesoramento e coordinación de todos os órganos, servizos e entidades instrumentais adscritos á Consellería.
  • A emisión dos informes e a realización dos estudos técnicos e xurídicos correspondentes aos asuntos de que coñezan a Consellería ou as entidades públicas instrumentais adscritas a ela.
  • A remisión dos asuntos que deban someterse ao Consello da Xunta de Galicia ou ás súas comisión delegadas.
  • O seguimento da tramitación e rexistro dos convenios, acordos, protocolos e declaracións subscritos no ámbito competencial da Consellería.
  • A representación da Consellería nos órganos colexiados que exerzan funcións relacionadas coas súas competencias.
  • A substitución temporal, nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade, das persoas titulares das direccións xerais da Consellería a que se refire a disposición adicional primeira.
  • As derivadas da aplicación da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, no ámbito da Consellería.

  

Artigo 6. Estrutura

 A Secretaría Xeral Técnica estrutúrase, para o exercicio das súas funcións e baixo a superior dirección do/da conselleiro/conselleira, nos seguintes órganos e unidades administrativas:

  • Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa
    • Servizo de Asuntos Xerais e Réxime Interno
    • Servizo de Recursos Humanos
    • Servizo Técnico Xurídico
    • Servizo Técnico Administrativo
  • Subdirección Xeral de Coordinación Económica
    • Servizo de Seguimento e Coordinación Orzamentaria
    • Servizo de Xestión Económica
    • Servizo de Contratación
    • Servizo de Proxectos e Obras
  • Servizo de Igualdade
  • Asesoría Xurídica de Enerxía, Minas e Comercio
  • Asesoría Xurídica de Economía e Innovación
  • Asesoría Xurídica de Emprego
  • Intervención Delegada