Inicio > Organización > A Consellería > Secretaría Xeral de Emprego
Compartir

Compártao :

A CONSELLERÍA

Secretaría Xeral de Emprego

Actualizado o: 22 febreiro 2017
  • Organización

Decreto 175/2015, do 3 de decembro

 

Artigo 36. Competencias

Corresponderán á Secretaría Xeral de Emprego, como órgano superior da Consellería de Economía, Emprego e Industria, as seguintes funcións:

  • A participación na elaboración e deseño das estratexias de emprego e dos correspondentes plans anuais de política de emprego, así como a formulación de propostas de inclusión de medidas e programas concretos neles.
  • Para o exercicio das súas funcións e competencias contará co Observatorio do Emprego de Galicia.
  • A dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de emprego, relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, cooperativas e outras entidades de economía social e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais.
  • Impulso e desenvolvemento das políticas de igualdade laboral e de medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral nas empresas.
  • As competencias funcionais sobre a Inspección de Traballo e Seguridade Social en materia laboral, e de prevención de riscos laborais asignadas á Comunidade Autónoma de Galicia, así como a coordinación coa Administración xeral do Estado para a execución dos plans de actuación da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
  • Corresponde á persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, no ámbito das competencias desta, o coñecemento e a resolución dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións ditadas nos procedementos tramitados para a imposición de sancións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrución do labor inspector, polos órganos territoriais, de conformidade co Decreto 70/2008, do 27 de marzo.
  • A dirección, coordinación, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma atribuídas á consellería en materia de fomento do emprego, apoio ao autoemprego e á integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade e das que lle atribúan as normas de desenvolvemento en Galicia do Estatuto do traballo autónomo.
  • A coordinación da xestión e supervisión do funcionamento dos centros, tanto propios como dependentes doutras entidades, así como a prestación da asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento das súas actividades, sen prexuízo das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica.
  • O exercicio das competencias atribuídas pola normativa reguladora dos órganos colexiados de asesoramento e participación en materia de emprego, relacións laborais e de persoas traballadoras autónomas e de entidades de economía social.

  

Artigo 37. Estrutura

Para o desenvolvemento das súas funcións, a Secretaría Xeral de Emprego conta coas seguintes unidades administrativas:

  • Subdirección Xeral de Relacións Laborais.
    • Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral.
    • Servizo de Réxime Xurídico.
  • Subdirección Xeral de Emprego.
    • Servizo de Emprego por Conta Allea.
    • Servizo de Emprego Autónomo.
    • Servizo de Integración Laboral.
    • Servizo de Programas de Cooperación.
  • Subdirección Xeral de Economía Social.
    • Servizo de Cooperativas e Economía Social.