Dende
Ata

Temos dispoñibles para consulta 502 novas
16/01/2019 21:00

Conde inicia en Vilagarcía unha rolda de xuntanzas co tecido local empresarial para informar sobre o mapa de apoios da Xunta ás pemes

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que as axudas autonómicas de 2019 para dinamizar o emprego e a actividade empresarial nos concellos galegos se centran nas novas tecnoloxías, a internacionalización, a eficiencia enerxética e o emprendemento

A Xunta xa publicou neste mes de xaneiro no DOG axudas por valor de 40M€ como os apoios para impulsar a dixitalización das pemes galegas, mellorar as infraestruturas dos parques empresariais e crear viveiros industriais

Puxo en valor que Vilagarcía sexa un Concello Emprendedor e que comparta o espírito da Lei de implantación empresarial da Xunta para poñer facilidades administrativas e fiscais á actividade industrial

O polo aeroespacial de Galicia avanza no deseño de solucións innovadoras que dan resposta ás necesidades reais da administración como na prevención de incendios
16/01/2019 14:14

O polo aeroespacial de Galicia avanza no deseño de solucións innovadoras que dan resposta ás necesidades reais da administración como na prevención de incendios

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o conselleiro do Medio Rural, José González, asistiron esta mañá, en Rozas, á demostración do vehículo aéreo non tripulado Lua e do sistema de loita contra incendios Einforex

Francisco Conde explica que os resultados do polo comezan a ser visibles e que a demostración de hoxe abre un mundo de posibilidades á información de emerxecias ao ofrecer en tempo real información dixital de vídeos e imaxes tanto no espectro visible como infrarroxo

José González salientou a importancia da incorporación de novas tecnoloxías á loita contra os incendios forestais, especialmente no que atinxe aos medios aéreos
 

 A Xunta destaca que a automoción é un sector consolidado e en continuo crecemento en Galicia grazas á innovación e á formación
16/01/2019 11:56

A Xunta destaca que a automoción é un sector consolidado e en continuo crecemento en Galicia grazas á innovación e á formación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago no Foro ‘Galicia sobre Ruedas’, no que se abordou o presente e o futuro desta industria estratéxica para a Comunidade galega

Definiu á automoción como o espello no que outros sectores se miran cando se fala de transformación tecnolóxica e Industria 4.0

A administración autonómica está a mobilizar 70M€ este ano entre máis de 500 empresas para que poidan incorporar as novas tecnoloxías ao seu labor diario

A terceira edición do programa Fábrica Intelixente convocarase nas próximas semanas co obxectivo de impulsar no tecido empresarial proxectos industriais innovadores cunha mobilización prevista de 30M€

No eido da formación está aberta unha nova convocatoria das Unidades Formativas nas Empresas que, xunto ao Plan específico para este sector, están a permitir que máis de 2600 traballadores se formen a partir dunha oferta de case 150 cursos
 

A Xunta promove a artesanía de Galicia na feira de referencia do deseño escandinavo que se celebra en Estocolmo ata o venres
15/01/2019 12:25

A Xunta promove a artesanía de Galicia na feira de referencia do deseño escandinavo que se celebra en Estocolmo ata o venres

A Fundación Artesanía de Galicia regresa ao encontro de decoración Formex cunha colección de pezas de artesanía tradicional e contemporánea na que participan 44 profesionais do sector, dos cales 16 son novidades no evento

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aposta con esta iniciativa, na que participa desde 2013, polo impulso á promoción exterior e a busca de novos mercados neste eido
 

Feijóo aposta por seguir impulsando a innovación no tecido industrial que contribúe a que Galicia estea a pechar 2018 cun IPI e cunhas exportacións crecendo o dobre que no resto de España
14/01/2019 14:17

Feijóo aposta por seguir impulsando a innovación no tecido industrial que contribúe a que Galicia estea a pechar 2018 cun IPI e cunhas exportacións crecendo o dobre que no resto de España

Avanza que nos vindeiros meses se convocará a terceira edición do programa Fábrica Intelixente, que forma parte dun completo paquete de axudas para promover a modernización tecnolóxica do tecido empresarial e que mobilizarán 70 millóns

Recorda que, desde o pasado venres, xa se pode solicitar tamén a liña específica que a través do Igape se acaba de convocar para impulsar a dixitalización, co fin de apoiar ata 500 empresas
 

A Xunta apoia cinco iniciativas empresariais que mobilizan 310.000 euros na Coruña a través do programa Galicia Emprende
14/01/2019 14:11

A Xunta apoia cinco iniciativas empresariais que mobilizan 310.000 euros na Coruña a través do programa Galicia Emprende

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede estas axudas para apoiar a creación de novas empresas ou a consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento

O delegado territorial destacou que este programa regula apoios directos para a posta en marcha ou a consolidación temperá de negocios impulsados por autónomos e emprendedores, facilitando así a xeración de emprego

14/01/2019 12:58

A Xunta apoia con máis de 135.000 euros a contratación de 11 técnicos de emprego nos concellos da área territorial de Vigo

A Rede de Técnicos de Emprego axuda ás empresas a desenvolver os seus proxectos co obxectivo de favorecer nos municipios a promoción da actividade empresarial e colaborar coas asociacións que máis o precisan para a inserción laboral de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social

As axudas repartíronse entre todos os concellos que solicitaron este apoio

A Xunta abre o prazo de solicitude de dous programas de axudas para impulsar nos concellos galegos a contratación de 1300 desempregados
14/01/2019 10:29

A Xunta abre o prazo de solicitude de dous programas de axudas para impulsar nos concellos galegos a contratación de 1300 desempregados

Os apoios para empregar a perceptores da Risga suman 7,7M€ para apoiar na Administración local 700 contratos cunha duración de 9 meses, dous meses máis que en 2018, estimándose unha axuda media por contrato de preto de 11.000€

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá 1,5M€ para a contratación de 600 desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, destinándose a axuda principalmente á contratación de socorristas

As dúas convocatorias publicáronse xa no Diario Oficial de Galicia (DOG) rematando o prazo de solicitude o próximo 11 de febreiro

 A Xunta destaca a aposta das startups galegas por impulsar proxectos comúns coas multinacionais que participaron na feira da electrónica de EEUU
13/01/2019 11:21

A Xunta destaca a aposta das startups galegas por impulsar proxectos comúns coas multinacionais que participaron na feira da electrónica de EEUU

O director do Igape, Juan Cividanes, sinala que o Consumer Technology Association (CES,) que se celebrou esta semana nas Vegas, é o maior evento a nivel mundial onde se dan a coñecer as innovacións tecnolóxicas de próxima xeración

As empresas impulsadas pola Business Factory Auto (BFA) mantiveron encontros profesionais con grandes compañías internacionais do sector tecnolóxico para abrir novas posibilidades de negocio

A asistencia ao encontro promoveu a proxección exterior dos proxectos participantes e a súa competitividade nos mercados a través da modernización dixital