Compartir

Compártao :

Galicia mobilizará máis de 5M€ para mellorar os parques empresariais de 51 concellos, dos que 32 son Emprendedores

Actualizado o: 22 maio 2019 10:36
Fonte de información: Xunta de Galicia

Esta resolución da Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, corresponde á orde de axudas para impulsar as infraestruturas dos polígonos, cun total de 57 iniciativas programadas para este ano

A maior parte das obras terán como obxectivo a mellora viaria dos parques empresariais

Os proxectos apostan por fortalecer o tecido empresarial e mellorar as infraestruturas da Comunidade impulsando a súa competitividade

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019.- A Xunta favorecerá a mobilización de 5,34 millóns de euros en proxectos para mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia, dos que 32 eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas. En concreto, a través deste programa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará 4,05 millóns de euros para a execución dun total de 57 actuacións que permitirán impulsar as infraestruturas dos polígonos.

Do total de proxectos aprobados, a maioría (38) terá como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, aínda que tamén se desenvolverán iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia (6), para plantas de depuración de auga , xestión de residuos e colectores con verquido á depuradora municipal (8) ou instalacións contraincendios e contra roubo de cable (5). Desenvolveranse en 51 concellos galegos -dos que 32 son Concellos Emprendedores, é dicir, aqueles adheridos ao convenio entre Xunta e Fegamp para impulsar a captación de novos investimentos empresariais-.

Entre as iniciativas que se van realizar, destacan a mellora do saneamento do parque empresarial da Gudiña (Ourense); a reparación de viais no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense); ou a mellora de infraestruturas viarias no polígono Augalevada de Noia (A Coruña). Por provincias, dos 57 proxectos incluídos nesta resolución, 21 pertencen á Coruña (1,52M€ en axudas), 15 a Ourense (1,1M€), 11 a Lugo (máis de 0,8M€) e 10 a Pontevedra (máis de 0,6M€).

A resolución súmase á dos viveiros industriais, que nesta edición concedeu 1,5M€ para sete proxectos de construción, reforma ou equipamento de naves industriais destinadas a viveiros industriais de empresas nos que se investirán un total de 2,36M€ e que poderán albergar a 29 compañías e xerar 40 empregos.

Con estas novas axudas, nas que os Concellos Emprendedores tiveron preferencia, a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de novos investimentos para Galicia.

CONCELLOS BENEFICIARIOS

A CORUÑA

CONCELLO

POLIGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO
AXUDA CONCEDIDA

CONCELLO EMPRENDEDOR

SANTA COMBA

PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

149.749,60 €
119.799,68 €
BOIRO

PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA

61.783,42 €
49.426,74 €
BOIRO

PARQUE EMPRESARIAL DE ESPIÑEIRA

116.306,47 €
93.045,17 €
DODRO

POLÍGONO INDUSTRIAL DE DODRO

39.490,24 €
31.592,19 €
COIRÓS
PEDRAPARTIDA
76.092,65 €
60.874,12 €
NOIA
AUGALEVADA - NOIA
85.309,85 €
68.247,88 €
BOQUEIXÓN

POLÍGONO INDUSTRIAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

117.536,25 €
94.029,00 €
ORDES

POLÍGONO EMPRESARIAL DE ORDES

116.749,84 €
93.399,87 €
OROSO

PARQUE EMPRESARIAL DE SIGÜEIRO

164.017,80 €
120.000,00 €
AMES

PARQUE EMPRESARIAL NOVO MILLADOIRO

85.741,79 €
68.593,43 €
CARBALLO

POLÍGONO INDUSTRIAL DE BÉRTOA - CARBALLO

114.485,80 €
91.588,64 €
RIBEIRA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE XARAS

119.600,08 €
95.680,06 €
NARÓN
RÍO DO POZO
117.279,48 €
93.823,58 €
A LARACHA

PARQUE EMPRESARIAL DA LARACHA

119.979,67 €
95.983,74 €
CERCEDA

POLÍGONO INDUSTRIAL DO ACEVEDO

119.000,02 €
95.200,02 €
NON
CERCEDA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE ACEVEDO

48.324,51 €
38.659,61 €
NON
ZAS
O ALLO
21.727,23 €
17.381,78 €
NON
CEE

PARQUE EMPRESARIAL CONCELLO DE CEE

20.215,84 €
16.172,67 €
NON
BETANZOS
PIADELA
34.098,68 €
27.278,94 €
NON
OLEIROS

POLÍGONO INDUSTRIAL DE IÑÁS

167.421,81 €
120.000,00 €
NON
BERGONDO
BERGONDO
150.000,00 €
36.760,78 €
 
NON

LUGO

CONCELLO

POLIGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO
AXUDA CONCEDIDA

CONCELLO EMPRENDEDOR

COSPEITO
MUIMENTA
42.997,62 €
34.398,10 €
O SAVIÑAO
O PEAGO
51.116,45 €
40.893,16 €
TABOADA

POLÍGONO INDUSTRIAL DE TABOADA

72.545,59 €
58.036,47 €
CERVO

PARQUE EMPRESARIAL DE CUIÑA

129.736,01 €
103.788,81 €
OUTEIRO DE REI

PARQUE EMPRESARIAL DE OUTEIRO DE REI

142.307,36 €
113.845,89 €
FRIOL

POLÍGONO INDUSTRIAL A GÁNDARA DE FRIOL

43.118,35 €
34.494,68 €
NON
RÁBADE
RÁBADE
85.782,65 €
68.626,12 €
NON
A PASTORIZA

O ACEBREIRO A PASTORIZA

92.533,18 €
74.026,54 €
NON
PORTOMARÍN

POLÍGONO INDUSTRIAL E COMERCIAL DE PORTOMARÍN

108.130,10 €
86.504,08 €
NON
BECERREÁ

PARQUE EMPRESARIAL DE BECERREÁ

102.247,76 €
81.798,21 €
NON
BEGONTE

POLÍGONO INDUSTRIAL DE BEGONTE

142.713,63 €
114.170,90 €
NON

OURENSE

CONCELLO

POLIGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO
AXUDA CONCEDIDA

CONCELLO EMPRENDEDOR

SAN CRISTOVO
DE CEA

P. I. DE SAN CRISTOVO DE CEA

150.000,00 €
120.000,00 €

SAN CRISTOVO
DE CEA

P. I. DE SAN CRISTOVO DE CEA

140.337,20 €
112.269,76 €

O BARCO DE VALDEORRAS

A RAÑA
278.613,05 €
120.000,00 €

SAN CIBRAO
DAS VIÑAS

POLÍGONO INDUSTRIAL BARREIROS

104.734,83 €
83.787,86 €

SAN CIBRAO
DAS VIÑAS

POLÍGONO INDUSTRIAL SAN CIBRAO DAS VIÑAS- DAVID FERRER

104.626,36 €
83.701,09 €
A GUDIÑA
A GUDIÑA
102.081,01 €
81.664,81 €
PONTEDEVA
TRADO PONTEDEVA
117.268,42 €
93.814,74 €
O CARBALLIÑO

ÁREA EMPRESARIAL DO CARBALLIÑO

48.397,93 €
38.718,34 €
O CARBALLIÑO

ÁREA EMPRESARIAL DO CARBALLIÑO

4.328,18 €
3.462,54 €
CORTEGADA
A CANCELA
147.292,74 €
117.834,19 €

O PEREIRO
DE AGUIAR

PARQUE EMPRESARIAL DO PEREIRO DE AGUIAR

45.776,96 €
36.621,57 €
NON

O PEREIRO
DE AGUIAR

PARQUE EMPRESARIAL DO PEREIRO DE AGUIAR

266,09 €
212,87 €
NON
CELANOVA

PARQUE EMPRESARIAL DE CELANOVA

11.924,37 €
9.539,50 €
NON
ALLARIZ

POLÍGONO INDUSTRIAL DE CHORENTE

120.000,00 €
96.000,00 €
NON
XINZO DE LIMIA
XINZO DE LIMIA
145.562,37 €
101.893,66 €
NON

PONTEVEDRA

 

CONCELLO

POLIGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO
AXUDA CONCEDIDA
CONCELLO EMPRENDEDOR
A CAÑIZA
RIBADIL
27.284,51 €
21.827,61 €
A CAÑIZA
UCEIRA
33.381,98 €
26.705,58 €

RIBADUMIA E CAMBADOS

POLÍGONO INDUSTRIAL DO SALNÉS

138.000 €
110.400 €

VILAGARCÍA DE AROUSA

PARQUE EMPRESARIAL DE TRABANCA BADIÑA

49.457,60 €
39.566,08 €
A LAMA
RACELO
48.318,83 €
38.655,06 €
VALGA
CAMPAÑA
116.039,01 €
92.831,21 €
DOZÓN
DOZÓN
147.822,49 €
118.257,99 €
PONTE CALDELAS
A REIGOSA
6.060,54 €
4.848,43 €
NON
CATOIRA

PARQUE EMPRESARIAL DE CATOIRA

106.887,99 €
85.510,39 €
NON
BUEU
CASTIÑEIRAS
92.871,07 €
74.296,86 €
NON