Compartir

Compártao :

A Xunta destina 353.000 euros a catro canteiras da comarca de Quiroga para reducir o po de sílice e mellorar as condicións de traballo

Actualizado o: 11 xaneiro 2019 13:31
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou a empresa de lousa A Campa, en Folgoso do Courel
  • O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou a empresa de lousa A Campa, en Folgoso do Courel
  • O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou a empresa de lousa A Campa, en Folgoso do Courel
  • O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou a empresa de lousa A Campa, en Folgoso do Courel

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou a empresa de lousa A Campa, en Folgoso do Courel, e sinalou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria outorgou en todos os casos a porcentaxe máxima de axuda establecida

As catro empresas beneficiarias realizaron investimentos por importe global de 667.300 euros

Quiroga (Lugo), 11 de xaneiro de 2019.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou 353.300 euros a catro canteiras da comarca de Quiroga ao abeiro dunha liña de apoios para favorecer a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas dispoñibles para a loita contra o po de sílice no sector mineiro de Galicia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe a empresa de lousa A Campa, en Folgoso do Courel, que recibiu unha achega para a introdución dun sistema de extracción nas cortadoras e a contratación dun servizo de consultoría.

O delegado explicou que as catro empresas realizaron investimentos por importe global de 667.300 euros, e todas recibiron a porcentaxe máxima de axuda establecida na orde de convocatoria. No caso da Campa, a porcentaxe foi do 40% por tratarse dun grupo empresarial de tamaño grande. As outras beneficiadas foron dúas canteiras de Quiroga -unha coa condición de pequena empresa e a outra de microempresa- e unha terceira en Ribas de Sil -tamén microempresa-, que recibiron achegas polo 60% do investimento subvencionable.

Todas elas acreditaron investimentos destinados a reducir a exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo, actuacións que directamente supoñen unha mellora das condicións laborais. En xeral implementaron sistemas de extracción forzada en distintos postos de traballo, ou ben mecanismos para unha maior limpeza no ambiente -como nebulización para atomización de auga no aire-.

O grupo mineiro A Campa xestiona unha mina de lousa, con explotación tanto subterránea como a ceo aberto, e dispón dunha nave de transformación en Santa Eufemia do Courel na que adapta as lousas co obxectivo de que sexan utilizadas para teitar. Actualmente conta con 112 traballadores e suma unha produción de arredor de 45.000 toneladas ao ano, polo que segue a ser un dos sectores estratéxicos na zona, pola súa importancia económica e capacidade de xerar empregos.