Compartir

Compártao :

A Xunta destaca que a planta fotovoltaica de Vilardevós é un exemplo da aposta de Galicia polas enerxías renovables

Actualizado o: 11 outubro 2018 14:33
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o parque promovido por Raiola Future

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o parque promovido por Raiola Future, adxudicataria na terceira poxa de renovables convocada polo Estado

Salientou que esta planta demostra que en Galicia é posible desenvolver parques fotovoltaicos competitivos

A instalación contará con máis de 5500 paneis solares, o que contribuirá a evitar a emisión á atmosfera de máis de 2300 toneladas de CO2 ao ano

O Goberno galego está a executar as Directrices Enerxéticas de Galicia, que buscan mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a competitividade do tecido empresarial, mobilizando 3000 millóns de euros ata 2020 e creando 12.000 empregos

Vilardevós (Ourense), 11 de outubro de 2018.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou hoxe, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, a planta fotovoltaica de Vilardevós que está a promover Raiola Future, adxudicataria na terceira poxa de enerxías renovables convocada polo Estado.

Tahoces apuntou que esta instalación será o escaparate de que en Galicia é posible desenvolver parques fotovoltaicos competitivos e será exemplo da aposta da Comunidade galega polas enerxías renovables. A planta estará integrada por máis de 5500 paneis solares con seguidores e dous eixos e cunha liña soterrada de 20 quilovatios cunha lonxitude de 77 metros.

O director xeral apuntou que a infraestrutura evitará a emisión á atmosfera de máis de 2300 toneladas de CO2 ao ano. Así mesmo, apelou á colaboración de todas as administracións e ao traballo conxunto para seguir favorecendo en Galicia a instalación deste tipo de plantas. O parque de Vilardevós poderá conseguir, segundo os estudos realizados pola empresa, unha media de 2050 horas anuais de radiación solar.

Tahoces, ademais, destacou o impulso da Xunta ás enerxías renovables lembrando que a Administración autonómica está a executar as Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020, a través das cales se busca mellorar a calidade de vida dos galegos –mediante o abaratamento dos custos e o aumento da calidade da subministración– e a competitividade do tecido empresarial, apostando pola eficiencia e a potenciación das enerxías renovables de carácter autóctono. A través desta folla de ruta, búscase mobilizar máis de 3000 millóns de euros no sector enerxético ata 2020 e impulsar a creación de 12.000 empregos.

Neste ámbito, a Xunta conta con axudas en materia de eficiencia enerxética e renovables dirixidas a empresas, entidades sen ánimo de lucro e á administración local. En total, a Xunta apoiou este ano 434 proxectos que permitirán un aforro na factura enerxética dos beneficiarios de 5,5 millóns de euros ao ano.