Compartir

Compártao :

A Xunta destaca as oportunidades de emprendemento no rural da provincia de Lugo que xeran programas como os espazos coworking

Actualizado o: 10 outubro 2018 20:37
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Monforte de Lemos na inauguración do centro de día Vida

Monforte de Lemos (Lugo), 10 de outubro de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Monforte de Lemos na inauguración do centro de día Vida, unha iniciativa empresarial que supuxo a creación de 5 postos de traballo e que xurdiu da man de dúas mulleres emprendedoras que participaron con este proxecto no coworking que, nesta comarca lucense, apoia a Xunta coa colaboración da Escola de Organización Industrial (EOI).

Conde destacou as oportunidades para emprender no rural –neste caso, na provincia de Lugo– que nacen con programas como os espazos coworking. Nas tres edicións celebradas na provincia lucense –a través dos dous espazos, localizados nas comarcas da Ribeira Sacra e A Mariña– participaron 160 emprendedores con 124 proxectos, dos que un 60% xa iniciaron a súa actividade como empresa.

O conselleiro indicou que para o Goberno galego é unha prioridade poñer os máximos recursos ao alcance de quen quere iniciar unha idea de negocio, o que contribúe a revitalizar o rural galego.