Compartir

Compártao :

Conde destaca a aposta da Xunta por facer de Galicia unha terra atractiva onde investir

Actualizado o: 16 abril 2018 15:52
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no coloquio organizado polo Decanato do Corpo Consular Acreditado da Coruña

Oleiros (A Coruña), 16 de abril de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe no coloquio organizado polo Decanato do Corpo Consular Acreditado da Coruña, onde destacou a aposta da Xunta por facer de Galicia unha terra atractiva para investir e implantarse, grazas á súa Estratexia de internacionalización e a medidas como a nova Lei de implantación empresarial.


O acto, segundo o conselleiro, foi unha oportunidade para que Galicia siga a estreitar lazos e abrir novas vías de colaboración cos países representados.