Compartir

Compártao :

Conde avanza que a vindeira semana se abrirá a convocatoria das axudas para adquirir nova maquinaria en empresas forestais

Actualizado o: 16 abril 2018 12:29
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe que a próxima semana se abrirá a convocatoria das axudas para que as empresas do forestal galego poidan adquirir nova maquinaria

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria participou na entrega de diplomas aos participantes dos primeiros cursos de formación e asesoramento que, coa colaboración da Fundación Incyde, se imparten para autónomos e empresarios de concellos afectados polos lumes

Foron 60 alumnos e alumnas dos concellos de Ponteareas (Pontevedra) e Beade (Ourense) os que participaron nesta primeira convocatoria e, en total, serán 12 os cursos que se organicen ata finais de ano dirixidos a máis de 250 persoas

Enmarca esta iniciativa no paquete de axudas que a Xunta destina para que ningún autónomo, empresario ou emprendedor teña que botar o freo ao seu negocio por culpa dos efectos dos lumes e dispoña de recursos para reparar os danos ocasionados

Neste último caso, a Xunta destina 3 millóns de euros e xa se coñecen as primeiras empresas beneficiadas con axudas que suman 700.000 euros para sufragar os custos das reparacións

Ponteareas (Pontevedra), 16 de abril de 2018.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe que a próxima semana se abrirá a convocatoria das axudas para que as empresas do forestal galego poidan adquirir nova maquinaria. Segundo dixo, cun orzamento de 8 millóns de euros, a previsión é que se beneficien delas preto de 200 pemes que mobilizarán máis de 24 millóns de euros na economía forestal de Galicia porque lles permitirán investir en mellores infraestruturas para ser máis competitivas.

Conde participou hoxe en Ponteareas na entrega de diplomas dos dous primeiros cursos de formación e asesoramento que a Xunta imparte, coa colaboración da Fundación Incyde, entre empresarios, autónomos e emprendedores dos concellos afectados pola ola de incendios do pasado mes de outubro.

Foron 60 alumnos e alumnas dos concellos de Ponteareas e Beade os que participaron nesta primeira convocatoria e, en total, serán 12 os cursos que se organicen ata finais de ano dirixidos a máis de 250 persoas. Segundo asegurou, este programa dálles as claves para mellorar os seus negocios ou, no caso dos emprendedores, poñelos en marcha.

O conselleiro enmarcou estas iniciativas no paquete de axudas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina para que aos establecementos comerciais ou empresas que sufrisen danos nos incendios do pasado mes de outubro non lles falten recursos necesarios para reparalos. E, sobre todo, dixo, para que ningún autónomo, empresario ou emprendedor teña que botar o freo ao seu negocio por culpa dos efectos dos lumes.

No primeiro caso, Conde subliñou que a Xunta destina 3 millóns de euros e que xa se coñecen as primeiras empresas beneficiadas con axudas que suman máis de 700.000 euros.

Nos vindeiros días, avanzou, resolveranse as restantes tentando converter o impacto dos incendios “nunha oportunidade”, dixo. “A economía móvese por proxectos que creen valor, que creen emprego e aí é onde están os autónomos, os emprendedores e os empresarios. E esa é a nosa aposta”, abundou.