Compartir

Compártao :

A Xunta sinala en Mos que un 66% dos alumnos do programa integrado de emprego accederon a un posto de traballo

Actualizado o: 13 setembro 2017 12:45
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe na clausura desta iniciativa que a Xunta apoiou con preto de 105.000 euros
  • O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe na clausura desta iniciativa que a Xunta apoiou con preto de 105.000 euros
  • O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe na clausura desta iniciativa que a Xunta apoiou con preto de 105.000 euros
  • O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe na clausura desta iniciativa que a Xunta apoiou con preto de 105.000 euros

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe na clausura desta iniciativa que a Xunta apoiou con preto de 105.000 euros

Os 60 alumnos e alumnas recibiron ao longo dun ano orientación laboral e formación, ao tempo que realizaron prácticas en 8 empresas

Marnotes destaca que a Xunta inviste este ano un 40% máis nos programas integrados para favorecer a inserción laboral de 4.000 desempregados

A iniciativa de Economía, Emprego e Industria inclúe por primeira vez programas específicos para as mulleres

Con estas axudas, dirixidas a concellos e entidades sen ánimo de lucro estímase que se poñan en marcha 46 proxectos para mellorar a inserción laboral dos participantes

Como novidade este ano prímanse aqueles proxectos nos que se implique o tecido empresarial da zona

Mos (Pontevedra), 13 de setembro de 2017.- O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, clausurou hoxe en Mos (Pontevedra) a segunda edición do programa integrado de emprego desta localidade, unha iniciativa na que ao longo de 12 meses 60 persoas sen emprego cualificáronse en diversas disciplinas, realizaron prácticas profesionais non laborais en diversas empresas e recibiron accións de orientación laboral. No acto, ademais, fíxose entrega do selo de compromiso social co emprego a 13 empresas colaboradoras con esta actuación.

O 66% dos participantes, principalmente menores de 30 anos, acadaron acceder ao mercado laboral ao rematar o programa o que supuxo, segundo explicou o director xeral, que se superou en 21 puntos o compromiso de inserción fixado no proxecto inicial. Marnotes lembrou que os programas integrados están enfocados a mellorar a ocupación dos desempregados establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 30% dos seus participantes. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiou este programa con preto de 105.000 euros.

Cada plan integrado inclúe accións personalizadas de diversa natureza como información, orientación, asesoramento e formación combinado con prácticas laborais. No caso de Mos, os alumnos participaron en 35 accións formativas que supuxeron un total de 550 horas lectivas e asináronse convenios con 8 empresas que acolleron a preto de 30 persoas en prácticas. Ademais, contactouse con 234 firmas de distintos sectores e tramitáronse 131 ofertas de traballo. Ademais, 82 compañías asistiron ao programa integrado interesadas pola actividade do mesmo.

Marnotes puxo en valor os programas integrados de emprego e explicou que as axudas convocadas este ano contan cun orzamento de 9,5 millóns de euros, un 40% máis que na pasada edición, para incrementar as oportunidades laborais de 4.000 persoas sen emprego, 565 máis que na convocatoria anterior.

A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que se enmarca na Axenda 20, inclúe por primeira vez a reserva dunha porcentaxe do orzamento para o desenvolvemento de plans específicos para as mulleres. En concreto, destinaranse dous millóns de euros a esta actuación que permite activar a primeira das medidas de Emprega en Feminino, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar a inserción das mulleres no mercado de traballo.

Con estas axudas, que están destinadas a concellos e entidades sen ánimo de lucro, prevése poñer en marcha un total de 46 programas para mellorar a inserción laboral dos participantes. Como novidade este ano, a Xunta primará a aqueles proxectos nos que participe e, polo tanto, estea implicado o tecido empresarial de cada zona co obxectivo de que os programas se centren nas demandas laborais de cada comarca.

O director xeral, por último, resaltou que estes programas fomentan a colaboración entre as administracións públicas destacando a importancia de seguir promovendo esta cooperación para poder seguir ofrecendo formación de calidade e unha oportunidade laboral aos galegos en situación de desemprego.