Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana sinala o Grupo Pereira como exemplo da aposta pola innovación e a dixitalización da cadea mar industria galega
A conselleira de Economía e Industria visitou en Vigo as instalacións desta compañía, da que forman parte máis de 20 empresas que integran a pesca, a transformación e a comercialización de produtos do mar
A Xunta convida ás empresas a investir en seguridade industrial para protexer as persoas traballadoras e limitar os riscos de danos materiais
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, clausurou un encontro sobre a xestión do risco na industria da reciclaxe organizado pola Fundación Inade e a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais
Lorenzana apela ao traballo coordinado entre Xunta e concellos emprendedores para incentivar a actividade empresarial en Galicia
Destaca que a figura dos Concellos Emprendedores vai ser moi importante nesta lexislatura en que a Xunta vai redobrar a súa aposta pola industria
A Xunta destina 5 M€ ao impulso da transformación industrial e a dixitalización de pemes e autónomos galegos
O Diario oficial de Galicia publica unha nova convocatoria de axudas paro o impulso da transformación industrial e para reforzar a aposta dixital de pemes e autónomos galegos
Lorenzana resalta o compromiso do sector dos áridos en Galicia coa sustentabilidade, a formación e a seguridade e saúde laboral
Avanza que, no marco da Axenda de Impulso á Minaría Sostible de Galicia, a Xunta está pechando un convenio de colaboración con Arigal que recolle diferentes actuacións para dar a coñecer este sector e as súas potencialidades en diversos ámbitos; entre eles, o educativo
Xunta de Galicia e Fundación CEL amplian a súa colaboración para impulsar a aceleradora BFaero
Avanzaron na sinatura dunha addenda ao convenio actual por importe dun millón de euros para atender novas necesidades e poñer en marcha unha análise Sandbox aproveitando as infraestruturas existentes en Rozas
Galicia exhibe en California os avances en i+d+i aplicada ás tecnoloxías de sistemas non tripulados desenvolvidos no polo aeroespacial
Unha delegación galega participou en Xponential 2024, o principal evento do segmento das tecnoloxías de vehículos e sistemas non tripulados en San Diego, onde se compartiron as solucións máis innovadoras en robótica intelixente e drons
A Xunta celebra o Día internacional do Deseño cun encontro para analizar o seu impacto económico
Máis de 200 profesionais do deseño, representantes de empresas e estudantes reuníronse hoxe no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol con motivo do VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial
A Xunta salienta en Ceuta a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para seguir colaborando na mellora do tecido produtivo
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa nun encontro organizado polo Foro ADR na procura de que as axencias de desenvolvemento rexional optimicen os servizos e apoios que prestan a empresas e emprendedores para impulsar a súa competitividade