Compartir

Compártao :

Conde salienta a aposta da nova ITV da Sionlla pola innovación e o seu impulso á economía local e á mellora da competitividade

Actualizado o: 21 abril 2017 14:29
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na inauguración da ITV do parque empresarial da Sionlla
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na inauguración da ITV do parque empresarial da Sionlla
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na inauguración da ITV do parque empresarial da Sionlla
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na inauguración da ITV do parque empresarial da Sionlla
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na inauguración da ITV do parque empresarial da Sionlla
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na inauguración da ITV do parque empresarial da Sionlla

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na posta en marcha da infraestrutura que ofrecerá un mellor servizo aos cidadáns aforrándolles tempo e diñeiro nos desprazamentos

A unidade de control e inspección de vehículos mellorará tamén a seguridade e o respecto ao medio ambiente coa realización de 25.000 inspeccións ao ano

O titular de Economía resalta que supón un avance cara á innovación tecnolóxica poñendo en valor o seu deseño modular, pioneiro en España, desenvolvido pola Escola de Arquitectura da Coruña da man da empresa concesionaria

Indica a importancia de que as universidades poidan transferir o coñecemento ao tecido empresarial galego, un feito que apoia a Xunta con programas como o Conecta Peme ou o Ignicia

Sinala que a Rede galega de ITV, composta por 25 estacións fixas e 10 unidades móbiles emprega a 500 persoas, impulsa a competitividade das empresas, un dos retos da Axenda Galicia-Industria 4.0 que está a executar o Goberno galego

Santiago de Compostela, 21 de abril 2017.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na inauguración da ITV do parque empresarial da Sionlla, en Santiago, onde destacou que a nova infraestrutura impulsa a innovación e a economía local, coa creación de 10 postos de traballo, e mellora a competitividade fixando tecido industrial na comarca. O titular de Economía apuntou que o principal obxectivo do Goberno galego en materia económica é precisamente fixar tecido empresarial a través da innovación, o emprendemento, a mellora da competitividade, o financiamento e o asesoramento.

Conde destacou que a unidade de control e inspección de vehículos ofrecerá un mellor servizo aos cidadáns aforrándolles tempo e diñeiro nos desprazamentos, ao tempo que contribuirá a mellorar a seguridade e o respecto ao medio ambiente coa realización de 25.000 inspeccións ao ano. Esta estación súmase as xa existentes nesta zona, no polígono industrial de Tambre (Santiago) e en Cacheiras (Teo).

Salientou, ademais, que a instalación supón tamén un avance cara á innovación tecnolóxica, xa que a ITV está construída seguindo un deseño innovador, baseado no concepto modular pioneiro en España. O deseño levouse a cabo pola Escola de Arquitectura da Coruña da man da empresa concesionaria.

Neste senso, Conde resaltou a importancia de que as universidades poidan transferir o coñecemento ao tecido empresarial galego, un feito que, segundo apuntou, está apoiando a Xunta a través de diferentes programas como o Conecta Peme ou o Ignicia.

Ademais, salientou a visión internacional da empresa Supervisión y Control con presenza noutros países como Costa Rica e Arxentina. Neste senso, sinalou a importancia de que as empresas galegas poidan exportar coñecemento para que “Galicia sexa un referente no desenvolvemento das novas tecnoloxías”.

O conselleiro, así mesmo, puxo en valor, ademais do deseño, o módulo experimental instalado para a inspección específica de vehículos eléctricos, co obxectivo de aumentar o valor deste tipo de servizo. A ITV dispón de dúas liñas de inspección, unha para vehículos lixeiros e a segunda para lixeiros e pesados.

En total, a Rede galega de ITV conta- incluída a nova da Sionlla- con 25 estacións fixas e 10 unidades móbiles cun total de 84 liñas de inspección que empregan a preto de 500 persoas. Proximamente o número incrementarase coa ITV do Carballiño, que está en fase de construción, e a da Coruña, en tramitación administrativa.

Conde indicou que a Xunta segue apostando pola mellora deste tipo de infraestruturas co obxectivo de optimizar o servizo á cidadanía e o correcto funcionamento do parque móbil galego. Neste aspecto, puxo en valor o esforzo que está levando a cabo a empresa desde 2010 a través dun Plan de Investimentos que superará os 10 millóns de euros.

Así mesmo salientou o labor da ITV galega que, segundo afirmou, é “un exemplo de innovación e eficiencia”.

A mellora da Rede de ITV garante que os coches que circulan polas estradas galegas cumpren cos parámetros fixados de forma rigorosa, ao tempo que impulsa a competitividade das empresas e polígonos industrias onde se emprazan.

Axenda 4.0

Neste eido, o da competitividade, a Xunta está a executar a Axenda Galicia-Industria 4.0, que aprobou en 2015 co obxectivo de apoiar a modernización do tecido produtivo galego. Entre os principais obxectivos desta folla de ruta están alcanzar en 2020 a creación de 50.00 empregos na industria e incrementar o peso da actividade industrial no PIB galego. Nos dous primeiros anos de execución da Axenda, impulsáronse accións por 143 millóns de euros, un 19% máis do previsto inicialmente, e creáronse máis de 11.500 novos empregos industriais.