Compartir

Compártao :

Conde sinala que a actual etapa de crecemento económico de Galicia contribúe a que as empresas poidan gañar tamaño

Actualizado o: 17 febreiro 2017 11:57
Fonte de información: Xunta de Galicia
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago nunha xornada sobre crecemento empresarial organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago nunha xornada sobre crecemento empresarial organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD)

Subliñou que en Galicia aumentou por segundo ano consecutivo o volume das ampliacións de capital das empresas, ao tempo que se crearon preto de 4.600 novas firmas en 2016, un 16% máis con respecto a 2015

Os principais indicadores de 2016 certifican que Galicia está na dirección correcta, coa previsión de bater o récord exportador de 2015 e de incrementar o PIB nun 3%

Conde defendeu a aposta pola innovación para que o tecido empresarial galego sexa máis competitivo
 
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na inauguración da xornada Tempo de crecer. Novo modelo para o crecemento empresarial, organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD). Durante a súa intervención, incidiu en que Galicia está nunha etapa de consolidación da súa recuperación económica, o que se traduce nunha oportunidade para que o tecido empresarial galego poida gañar en tamaño e ser máis competitivo.

Conde, que agradeceu a APD a celebración deste encontro, sinalou que Galicia está na dirección correcta, tal e como reflicten os principais indicadores en 2016: unha estimación de crecemento do PIB do 3%; un incremento do IPI do 4,1%, máis do dobre que a media estatal; un nivel de exportacións que, a falta de coñecer os datos de decembro, apunta a que Galicia baterá de novo o seu récord de ventas ao exterior, situándose ata novembro como a terceira mellor balanza comercial de España, cun 21,6%; e cunha caída do paro do 10% ao peche de 2016, no que ademais se aumentaron as afiliacións e a contratación indefinida e a tempo completo.

O conselleiro indicou que, por segundo ano consecutivo, Galicia pechou 2016 cun incremento do 18% en canto ao volume das ampliacións de capital das empresas galegas. A maiores, o número de compañías constituídas en Galicia ao longo do pasado ano tamén medrou nun 16%, ata chegar a preto de 4.600 novas empresas; unha tendencia positiva que se mantén en 2017, cun incremento do 38,5% en xaneiro con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Conde afirmou que a Xunta, a través da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, seguirá apoiando ás empresas galegas para que poidan seguir medrando en capital e traballadores. Neste sentido, a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon á disposición das pemes galegas ferramentas para impulsar a súa consolidación e internacionalización a través de préstamos directos, préstamos participativos ou préstamos bancarios bonificados ou avalados polo Igape, dispoñendo de liñas de crédito que cobren o 35% do investimento, a partir de 50.000 euros.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria tamén animou ás empresas galegas a apostar pola innovación en todas as fases, tanto na etapa de produción como na loxística e comercialización dos produtos, o que facilitará que as firmas sexan máis competitivas. Durante os anos 2013-2015, en Galicia xa se crearon máis de 2.000 empresas innovadoras.