Dende
Ata

Temos dispoñibles para consulta 465 novas
A Xunta impulsa a cualificación de 150 mozos de oito concellos do rural lucense a través da nova iniciativa ‘Formación á porta’
20/11/2017 16:23 | escoitar

A Xunta impulsa a cualificación de 150 mozos de oito concellos do rural lucense a través da nova iniciativa ‘Formación á porta’

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que “a finalidade é acercar a formación ao territorio, crear emprego estable e fixar a poboación”

Enmárcase nun plan de formación de traballadores desempregados menores de 30 anos, que destina máis de medio millón de euros a Lugo

Feijóo aposta por seguir apoiando as empresas familiares como piar fundamental da economía galega
18/11/2017 21:45 | escoitar

Feijóo aposta por seguir apoiando as empresas familiares como piar fundamental da economía galega

“Traballamos cada día para que dispoñan do apoio que precisen para ser máis competitivas, para innovar máis, para exportar máis e para diversificar mercados” incide

Referenda este compromiso coas empresas por medio das accións comerciais no estranxeiro, dos programas de internacionalización ou dos proxectos conxuntos entre centros tecnolóxicos, universidades galegas e empresas que apoia a Xunta

Destaca a proeza do Grupo Cuevas por ter mantido “vivo o legado máis alá da terceira xeración” e o seu firme compromiso con Galicia

 

Conde conclúe a súa viaxe a México con novas expectativas para a internacionalización do sector galego do contract, a automoción e as enerxías renovables
18/11/2017 12:30 | escoitar

Conde conclúe a súa viaxe a México con novas expectativas para a internacionalización do sector galego do contract, a automoción e as enerxías renovables

A Xunta e o Goberno de México acordan a creación dun grupo de traballo para explorar novas oportunidades de cooperación en ámbitos como a biomasa, a xeotermia ou o biogás

Conde subliña que será o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) quen coordine esta iniciativa para desenvolver as liñas de actuación conxunta

Afirma que “Galicia mira hoxe a México desde unha óptica empresarial” e que a Xunta traballa para incrementar as exportacións e o investimento entre ambos os dous países

Adianta que Galicia acollerá unha xornada para identificar novos nichos de negocio para as empresas galegas e mexicanas

Sinala que na xuntanza co ministro de Economía mexicano coincidiron na necesidade de aproveitar as sinerxías e estreitar aínda máis os vínculos comerciais e de investimento xa existentes entre a economía galega e a mexicana

No caso do contract, considera que as oportunidades que se lle abren no país norteamericano son moi importantes; sobre todo, vinculadas ao desenvolvemento do sector turístico

Confía en que a nova planta que acaba de inaugurar Viza en Puebla, que tivo ocasión de visitar xunto co CTAG, permita consolidar a presenza da automoción galega en México

18/11/2017 11:32 | escoitar

A Xunta destina máis de 1,2 millóns de euros a cursos de emprego na provincia da Coruña a través do fondo de Garantía Xuvenil

O programa inclúe accións formativas tanto de entidades con e sen ánimo de lucro e de concellos, e ofrece novas oportunidades a 465 rapaces menores de 30 anos

O delegado territorial da Xunta destaca o compromiso do Goberno galego coa formación e o emprego, e a súa sensibilidade coa inserción laboral da xuventude

As redeiras galegas amosan o seu traballo no pop up ‘Saberes e sabores’ que Artesanía de Galicia impulsa en Madrid
17/11/2017 18:04 | escoitar

As redeiras galegas amosan o seu traballo no pop up ‘Saberes e sabores’ que Artesanía de Galicia impulsa en Madrid

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou no taller sobre nós mariñeiros impartido pola Asociación Illa da Estrela de Corme

O colectivo conta neste evento efémero cun espazo propio no que expoñen os complementos de moda e bixutería elaborados no marco do proxecto ‘Enredadas’, galardoado na última edición dos Premios Nacionais de Artesanía

O Palacio de Santa Bárbara convértese ata o 26 de novembro no epicentro do sector artesanal galego, cunha selección de pezas de máis de 50 profesionais, degustacións e obradoiros participativos abertos a todo o público
 

A Xunta e o Goberno de México poñen en común a importancia de fortalecer as relacións comerciais e de investimento
17/11/2017 12:33 | escoitar

A Xunta e o Goberno de México poñen en común a importancia de fortalecer as relacións comerciais e de investimento

Conde sinala que o encontro foi unha oportunidade para intensificar o diálogo institucional e identificar sectores de colaboración de cara ao futuro en eidos como a automoción ou o contract

México ten unha sólida reputación nos ámbitos da automoción, o eléctrico-tecnolóxico ou o químico, sendo o país con maior investimento en manufactura aeroespacial e o sexto que máis destina a I+D+i

Asegura que as vantaxes administrativas e fiscais que a Lei de implantación empresarial pon ao alcance das empresas interesadas en afincarse en Galicia nos identifica como unha Comunidade que tende pontes ao investimento

Destaca que o traballo dos empresarios galegos en México é o que dá unha maior visibilidade aos nosos produtos, á nosa forma de traballar, e á calidade e á fiabilidade que definen a industria galega

O conselleiro pechará a súa axenda institucional en México cun encontro que manterá esta tarde co director xeral adxunto de Enerxías Renovables da Secretaría de Enerxía, Luis Alfonso Muñozcano

Conde constata en México a expansión internacional da automoción galega grazas ao seu esforzo constante por innovar
16/11/2017 12:28 | escoitar

Conde constata en México a expansión internacional da automoción galega grazas ao seu esforzo constante por innovar

Asegura na visita, na que o sector da automoción de Galicia estivo representado polo CTAG, que a planta de Viza é un exemplo claro de canto está crecendo a industria galega de compoñentes, e que reflicte como a innovación lle está abrindo portas ao sector nos mercados estranxeiros

A nova planta, que vai prover a Volkswagen en Puebla, é unha das 3 filiais que esta empresa de capital cen por cento galego ten no estranxeiro

Viza e o CTAG participan nunha das dez Unidades Mixtas de Investigación vinculadas ao sector da automoción que promove a Xunta para impulsar a colaboración público-privada e captar novos investimentos na industria

Salienta que México é un dos principais mercados para esta industria sendo o 7º fabricante mundial de vehículos, con preto dun millón e medio de empregos directos e indirectos

Nunha reunión posterior co director xeral da Asociación Mexicana da Industria Automotriz, Fausto Cuevas, avaliaron os intereses e oportunidades comúns para este sector en ambos os dous países

Hoxe, na segunda xornada de estancia en México, Conde manterá un encontro con empresarios locais con intereses comerciais con España e Europa organizado por Proméxico
 

O pop up ‘Saberes e Sabores’ achega a tradición e a vangarda da artesanía de Galicia ao centro de Madrid
15/11/2017 19:37 | escoitar

O pop up ‘Saberes e Sabores’ achega a tradición e a vangarda da artesanía de Galicia ao centro de Madrid

O Palacio de Santa Bárbara acolle ata o 26 de novembro este evento efémero no que se presentará unha selección de pezas de máis de 50 artesáns e que contará tamén con degustacións e obradoiros participativos abertos a todo o público

Os visitantes poderán coñecer a creadores como a cesteira contemporánea Idoia Cuesta ou as redeiras implicadas no proxecto ‘Enredadas’, recoñecidas en ambos casos co Premio Nacional de Artesanía

Haberá showcookings de cociñeiros como o ‘Estrela Michelin’ Pepe Solla e representantes da nova cociña galega como Lucía Freitas e Iago Pazos
 

A Xunta explora en México novas vías de negocio para as empresas do sector contract galego
15/11/2017 17:51 | escoitar

A Xunta explora en México novas vías de negocio para as empresas do sector contract galego

O conselleiro mantivo unha xuntanza co embaixador de España en México na que participaron preto dunha vintena de empresas do sector contract ás que acompaña en misión comercial ao país

Lembra que o obxectivo principal da viaxe é explorar novas oportunidades empresariais para Galicia, e o contract é un dos sectores que presenta maiores perspectivas de crecemento neste momento

Destaca que México concentra o 45% de todas as exportacións galegas a Latinoamérica; de feito, desde 2009, creceron un 70% as empresas que exportan a este país

A Xunta programou para este ano 10 accións comerciais en México para apoiar a expansión internacional das empresas galegas, e que desde 2016 leva acompañado xa un centenar delas por máis de 50 países, tanto en misións comerciais como na asistencia a feiras sectoriais