Inicio > Organización > A Consellería > Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral - Issga
Compartir

Compártao :

A CONSELLERÍA

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Actualizado o: 22 febreiro 2017

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral é un organismo autónomo dos previstos no artigo 11.b) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, adscrito organicamente á consellería competente en materia de traballo, que se configura como un órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais, goza de personalidade xurídica de seu, autonomía funcional e plena capacidade de obrar.

As actuacións para desenvolver no marco da seguridade e saúde laboral deben partir dunha formulación global de benestar no traballo e dun contorno de traballo de calidade, levando ao establecemento duns obxectivos xerais que se poderían resumir nos seguintes:

  • Desenvolver accións de información, divulgación e formación, en materia preventiva.
  • Realizar o asesoramento e o control das accións técnico-preventivas, sen prexuízo das competencias da Inspección de Traballo e Seguridade Social, dirixidas á diminución dos riscos laborais, dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais que se realicen nas empresas para elevar a protección da seguridade e a saúde das traballadoras e dos traballadores.
  • Prestarlles ás empresas, con especial atención ás pequenas e medianas empresas, ás traballadoras e traballadores, ás administracións públicas, aos sindicatos, ás asociacións empresariais e aos demais axentes económicos e sociais asesoramento e asistencia técnica para o mellor cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
  • Realizar o seguimento, coordinar e promover a colaboración de accións en materia de prevención de riscos laborais dos diferentes departamentos da Administración Autonómica, así como aqueles organismos estatais e internacionais orientados aos mesmos fins.
  • Fomentar a prevención de riscos laborais a través do seu tratamento como materia horizontal no ensino regrado e non regrado.