Inicio > Organización > A Consellería > Instituto Enerxético de Galicia - Inega
Compartir

Compártao :

A CONSELLERÍA

Instituto Enerxético de Galicia - Inega

Actualizado o: 22 febreiro 2017
Correspóndelle ao Inega o impulso de iniciativas para a mellora da investigación enerxética en Galicia, así como para o fomento do uso racional da enerxía.

O Inega é un ente público adscrito á Consellería competente en materia de enerxía, á que presta soporte con actividades orientadas a reforzar a estratexia da Xunta neste campo. Así, elabora, propón e executa plans e programas en materia enerxética, ademais de favorecer a formación, investigación e sensibilización neste campo, coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables como principais eixos de acción.

Así, elabora, propón e executa plans e programas en materia enerxética, ademais de favorecer a formación, investigación e sensibilización neste campo, coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables como principais eixos de acción.

A actividade do Inega desenvólvese en torno aos seguintes obxectivos:

  • O fomento e o pulo de iniciativas para a mellora da investigación enerxética en Galicia.
  • O estudo e o apoio de actuacións para o seu coñecemento.
  • O desenvolvemento e a aplicación de novas tecnoloxías (incluídas as renovables).
  • A mellora do aforro e a eficiencia.
  • O fomento do uso racional da enerxía.
  • A óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos eidos económicos de Galicia.
  • A participación na xestión e prestación, se é o caso, de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

As súas funcións xerais son:

  • Elaborar e propoñerlle á Consellería competente en materia de enerxía plans e programas en materia enerxética, así como o desenvolvemento e a xestión da política enerxética.
  • Promover e executar os proxectos en materia de enerxía.
  • Desenvolver programas de asesoramento enerxético e auditorías para fomentar actuacións de aforro e mellora da eficiencia enerxética.
  • Fomentar e participar en programas e proxectos de investigacións e desenvolvemento de tecnoloxías enerxéticas, bens de equipo e servizos relacionados coa enerxía.