Inicio > Organización > A Consellería > Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Compartir

Compártao :

A CONSELLERÍA

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Actualizado o: 22 febreiro 2017
A misión do Igape é apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) é a axencia, adscrita á Consellería de Economía e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia, cuxa misión é a de apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial.

Creouse como un instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, promovendo actividades que contribúan á creación de emprego en Galicia e a un desenvolvemento económico harmónico, equilibrado e xusto, baseado nun tecido industrial moderno e competitivo. A súa acción incide tanto no sistema produtivo como na mellora dos procesos de produción, xestión e comercialización.
Os obxectivos que pretende levar a cabo pódense concretar en:

  • Impulsar a creación de novas empresas e fomentar decididamente o espírito emprendedor.
  • Incrementar a competitividade das empresas galegas a través da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
  • Atraer investimento a Galicia.
  • Facilitar a internacionalización.
  • Apoiar a cooperación e os proxectos colectivos de empresas galegas.

Toda a información

Contactos relacionados

  • Instituto Galego de Promoción Económica

    Teléfono: 900 815 151
    Correo-e: informa@igape.es

Organización/s: Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Tema/s: Industria; Competitividade e cooperación empresarial
Colectivo/s: Autónomo/a; Empresa; Peme; Investidor/a