Inicio > Organización > A Consellería > Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral
Compartir

Compártao :

A CONSELLERÍA

Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral

Actualizado o: 22 febreiro 2017

Decreto 175/2015, do 3 de decembro

 

Artigo 48. Atribucións

Á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, baixo a dirección e dependencia directa da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego, correspóndelle a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de intermediación e orientación laboral, promoción da empregabilidade e formación ocupacional e, nomeadamente, as seguintes funcións:

  • O deseño, planificación e execución das medidas dirixidas á prestación dos servizos previstos na carteira común de servizos do Sistema nacional de emprego, na Estratexia española de activación para o emprego, a confección e execución dos correspondentes plans anuais de política de emprego, así como a formulación de propostas de inclusión de medidas e programas concretos.
  • A dirección e xestión das funcións atribuídas á Consellería en materia de formación para o emprego, cualificacións profesionais e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral, así como a estatística, a análise e a prospectiva do mercado de traballo.
  • O exercicio das competencias para o reforzo da capacidade de actuación do Servizo Público de Emprego de Galicia, a súa modernización, infraestrutura, recursos humanos e materiais e soporte técnico.
  • A coordinación participación das entidades colaboradoras, con e sen ánimo de lucro, na execución e desenvolvemento dos servizos de políticas activas de emprego, a través da colaboración público privada.
  • A programación, o seguimento, o control e, se é o caso, a xestión dos programas mixtos de formación e emprego.
  • A coordinación da xestión e supervisión do funcionamento dos centros de formación, tanto propios como dependentes doutras entidades, así como a prestación da asistencia técnica necesaria para o correcto desenvolvemento das súas actividades, sen prexuízo das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica.
  • As funcións de execución relativas ao cumprimento das obrigas de empresarios/as e traballadores/as e, se é o caso, a potestade sancionadora nas materias relativas ao emprego e desemprego.
  • As que correspondan á Consellería en materia de expedición de certificados de profesionalidade ou da acreditación parcial acumulable correspondente.
  • A resolución dos procedementos de inscrición e acreditación ou, de ser o caso, de baixa no Rexistro de centros e entidades de formación para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na súa normativa reguladora, así como a autorización dos centros previstos no Real decreto 795/2010, do 16 de xuño.
  • Expedición e rexistro das habilitacións profesionais, sen prexuízo das competencias doutros órganos directivos.
  • O exercicio das competencias previstas no Real decreto 1529/2012, así como o desenvolvemento da normativa que contribúa á ordenación e regulación dun sistema de formación profesional que responda ás necesidades de formación e cualificación das persoas co fin de promover a aprendizaxe ao longo da vida.

 

Artigo 49. Estrutura

  • Subdirección Xeral de Orientación Laboral:
    • Servizo de Orientación Laboral.
    • Servizo de Intermediación.
    • Servizo de Programas Mixtos.
  • Subdirección Xeral de Promoción Laboral:
    • Servizo de Planificación da Promoción Laboral.
    • Servizo de Xestión Administrativa da Promoción Laboral.
  • Subdirección Xeral das Cualificacións:
    • Servizo de Acreditación das Cualificacións Profesionais.
    • Servizo de Observatorio do Emprego.
  • Centro de Novas Tecnoloxías.
  • Servizo de Verificación de Fondos.