Inicio > Organización > A Consellería > Axencia Galega de Innovación - Gain
Compartir

Compártao :

A CONSELLERÍA

Axencia Galega de Innovación - GAIN

Actualizado o: 01 marzo 2016
GAIN apoia o crecemento e a competitividade das empresas galegas a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é a entidade da Xunta de Galicia responsable de apoiar ás empresas galegas para ser máis competitivas e a impulsar o seu crecemento sobre bases sólidas e sostibles no tempo, a través da innovación e dun espírito empresarial creativo.

Creada en xaneiro de 2012, ten como obxectivos:

  • Liderar as políticas de innovación das Administracións públicas galegas.
  • Definir e desenvolver as políticas públicas que permitan ás empresas e ao resto de axentes, o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento.
  • Definir e desenvolver as políticas públicas orientadas á valorización do coñecemento desenvolvido polas empresas, universidades e centros de investigación de Galicia.
  • Definir e desenvolver as políticas públicas dirixidas a incrementar a eficiencia en resultados do sistema galego de innovación, avaliados mediante a implantación dun sistema de indicadores de impacto contrastable.
  • Estimular a estruturación e consolidación do sistema galego de I+D+i.
  • Fomentar a investigación e o desenvolvemento científico e tecnolóxico, a través de iniciativas e programas específicos na Comunidade Autónoma galega.
  • Promover as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema Galego de Innovación impulsando a creación e o fortalecemento de redes de coñecemento entre axentes públicos e privados dende unha perspectiva de intercambio e de investigación aberta.
  • Promover a progresiva internacionalización dos axentes e das iniciativas de innovación impulsando a presenza de empresas nos programas europeos de innovación e o acceso a fondos de financiamento internacionais.
  • Definir e desenvolver políticas públicas dirixidas á captación e xestión do talento que permitan, no seu conxunto, incrementar o rendemento innovador das empresas e do sistema galego de innovación.
  • Coordinar os recursos autonómicos no ámbito da I+D+i e concertalos cos que se aporten dende contribucións de plans estatais e fondos da Unión Europea.
  • Favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía, entre os diferentes axentes e, particularmente, entre os organismos públicos de investigación e as empresas.
  • Apoiar a promoción e divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico en Galicia, promovendo o interese da sociedade pola investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Toda a información

Contactos relacionados

Organización/s: Axencia Galega de Innovación - Gain
Tema/s: Innovación
Colectivo/s: Investigador/a; Centro tecnolóxico; Emprendedor/a